Saturday 29 de June de 2024

Aberto o proceso de contratación para a xerencia de AquaOleiros


O Concello de Oleiros ten aberto o proceso para contratar un ou unha xerente da empresa municipal de augas “Aquaoleiros SL”, un posto cunha retribución de 54.000 euros anuais que na actualidade está vacante.

As persoas interesadas poden presentar a súa solicitude a través da plataforma municipal antes do 13 de Xuño, venres.